Eu penso que non habería que tratar de forma excesiva a explotación de combustibles fósiles, e fixarse máis en enerxías como a eólica, solar, etc… Se coidamos a Terra como unha nai, claro que estamos a tempo, pero se a tratamos como un contenedor, pois non faremos nada…

Non estamos a tempo de parar o cambio climático por unha razón;Por esa razón,os seres humanos non podemos deter isto ,pero si podemos relentizalo, facer que vaia a menos, reducindo o noso consumo de enerxía, e utilizando fontes renovables, intentando contaminar menos e non queimar tantos combustibles fósiles para enviar menos CO2 a atmosfera.Deberíamos aprender das xeracións anteriores,que vivían perfectamente con moitos menos recursos que nós.O que pasa ,e que o ser humano e moi avaricioso e entón,sempre quere máis e ese é o problema que deberíamos solucionar.

O cambio climático non é para tomalo en broma, e se seguimos así, ao final, se non somos nós, seran os nosos bisnetos, pero o pagaremos caro.Deberíamos utilizar máis as enerxías renovables ,porque enrima de ser inesgotables non contaminan ,e eso pode ser un paso importante para pararlle os pés ao quentamento global.

Eu penso que si nos poñemos as pilas e sacamos de nós o noso lado limpo e ecoloxista, pois que poderíamos evitar que o desastre chegue tan pronto ,e así demostrar a valía da especie humana, pois non se demostra cos medios tecnolóxicos e demais pamplinas, demóstrase querendo o que máis importa, a Terra.

«CHANGE,WE CAN BELIEVE IN.»

Que se estamos a tempo? pffff, é unha pregunta bastante difícil de contestar eh profe, pero ala vai: Eu creo que ,desgraciadamente, non estamos a tempo de parar o cambio climático, pero sí de atrasalo, cada un poñendo o seu anaco de area sen danar a Terra ,e axudando todo o posible para que sexa un planeta habitable… Quen sabe, se poñemos interese, igual en vez de pasar dentro de un millón de anos, pasa dentro de mil millóns, o tempo o dirá.

O cambio climático

noviembre 13, 2008

Aquí temos un video que explica de forma sinxela e divertida o quentamento global:

noviembre 12, 2008

pensemos-un-chisco

noviembre 12, 2008

                                  ENTREVISTA

                                                                                                   

 

Realizamos a entrevista a Dona Encarnación Fernández Pardavila, de 84 anos, veciña de A Pobra.

Dona Encarnación abriunos as portas da súa casa e moi amablemente, respondeu ás preguntas que lle fixemos.

Primeiro lle preguntamos polos medios de transporte e nos contou que na súa época había “o Vapor” (barco de vapor) que ía a Vilagarcía; era o máis utilizado pois alá ían ás compras (o mercado era os martes) e a coller o tren, se tiñan que facer unha viaxe a outro sitio de España.

Tamén había autobuses (“o coche de Santiago” chamábanlle) que ían de Ribeira a Santiago.

Na Pobra, a parada estaba onde hoxe é o “bar Castelo”. A Santiago ían, fundamentalmente, ao médico.

Por aqueles tempos, non lembra que ninguén tivera coche propio (quizás “os mais ricos, os Barreras “, di ela) e que soamente había dous taxis.

Seguidamente, preguntámoslle sobre a electricidade nas casas. Hai que dicir que a familia de Encarna foi emigrante ao Pais Vasco; de feito ela naceu alí. O seu pai traballaba de patrón nos barcos de Pasaxes de San Pedro. Regresaron á Pobra cando ela tiña 6 anos e compraron unha boa casa (para aquela época), un barco e os apeiros necesarios para vivir aquí da pesca.

É importante dicir isto para entender que na súa casa xa había luz eléctrica pero non era o habitual; así nos conta como na casa de súa aboa utilizaban candís con velas para poder ver de noite.

Aparatos eléctricos non había ningún; a cociña era de leña. O máis normal nas casas eran as lareiras pero a súa nai (como viña acostumada do País Vasco) mercou unha pequena cociña de ferro e a puxo encima da lareira. Funcionaban tamén con leña.

A súa familia non pasou fame, nin sequera no ano 41 que foi o peor da posguerra. Conta que o seu pai traballou moito ( aínda que morreu no mar aos 45 anos) e nunca lles faltou de nada : “tiñamos de todo”. Mercaban o millo, amasábano na casa e levábano a cocer ao forno que había na Rúa Nova. Na casa había un forno pequeno onde facían as empanadas. Criaban galiñas nunha pequena horta que tiña a vivenda. Eran unha familia de pescadores e alimentábanse do que traían ( o pai e os dous irmáns de encarna

                                                                                               

 

ían ao mar tódolos días). Lembra cando na praia do Areal, na seca, había vieiras; o seu pai collíaas: “eran riquísimas”. Lamentase de que hoxe desapareceran, igual que as navallas.

Dentro do menú habitual, o caldo era moi corrente, tanto na súa casa como nas outras.

En resumo, díxonos que a súa familia comía como hoxe : peixe ao forno, carne guisada, caldo, empanada ….. Pero non todo o mundo, naquela época, era tan afortunado; de feito, lembrou unha familia veciña deles, que pasaban fame e ían roubar verdura ás leiras para poder comer.

Encarna e os seus irmáns ( dous varóns) foron á escola ata pasados os 14 anos. Logo, comezaron a traballar, ela nunha sastrería a aprender a coser e os seus irmáns na pesca.

Lémbrase da escola como algo que lle encantaba, gustaríalle estar máis tempo nela e seguir estudando, pero eran outros tempos e había que traballar ( a súa nai quedou viúva moi cedo).

Recorda que xogaban na rúa e de xoguetes lembra que tiña unha moneca . Tódolos anos os Reis Magos lle traían unha; era de cerámica e viña nun estoxo de madeira: “aquí sempre houbo Reis, o que fora”, dinos Encarna.

En canto ás empresas que había no pobo, falounos das fábricas de conservas (sardiña) dos cataláns. O pobo vivía do mar (pesca, marisqueo, fábricas de conservas) e a aldea vivía da terra. Na pesca utilizaban a liña e barcos de remos dunhas 10 ou 12 persoas (as traiñas antigas). No campo, o sacho e o arado tirado por vacas.

Referente a isto, cóntanos unha anécdota sobre os labregos: despois de labrar a terra, para allanala, sentaban a unha vella enriba dunha táboa da que tiraban as vacas, en vez de outro peso calquera.

A xente da aldea vendía carne, ovos, leite …. Non había máquinas, todo se facía á man, por exemplo, a malla do trigo. Os labregos chamaban aos amigos e familiares para que lle axudaran na época da malla e facíase unha gran festa, asábase un cordeiro para todos, “era moi bonito”. A malla realizábase con paus, o trigo ( ou avea) soltaba o gran que caía nunca gran lona.

Naquela época non se reciclaba nada, pero tamén todo se aproveitaba moito máis : os restos da comida ían para os animais e as defecacións ían directamente a unhas cuadras. Tódalas casas tiñan a súa cuadra.

 

                                                                                              

 

Na casa de Encarna estaba fóra da vivenda, nun patio exterior, tanto o retrete como a cuadra. Pero lembra que noutras casas non era así, por exemplo, na da súa avoa, nin sequira había cuarto para o retrete senón unha tapa no chan da cociña que se levantaba para facer as necesidades que ían directamente á cuadra situada debaixo. Na casa da súa sogra, recorda que o cuarto do retrete (cunha pileta) estaba no piso de arriba e a cuadra xusto debaixo, lindando coa cociña e separada desta por unha parede e unha porta. Unha vez ao ano, labregos coñecidos, viñan buscar o esterco a esas cuadras e o utilizaban como abonos para a terra (non había abonos químicos). Era a súa maneira de reciclar.

Todos os demais restos tirábanse (á praia ou a algúns dos vertedoiros que máis cerca estaban), pero non había tantos como hoxe, así, non se utilizaban bolsas de plástico, cando ían a compra á tenda envolvían o producto en papel de estraza, “facían un cartuchiño”.

Só había cañerías para as augas da chuvia. As augas do fregadeiro saían ás hortas ou á rúa que estaba sin asfaltar; era de terra.

Non tiñan auga corrente nas casas. Na súa, había un pozo na pequena horta, ó que acudían moitos veciños a buscar a auga (“o que tiña pozo era un privilexiado”). Para beber ían buscala á fonte máis cercana.

A roupa, a maioría, lavábase no río.

Encarna lembra os outonos e invernos de cando era unha nena, como moi chuviosos. “Non paraba de chover desde Setembro” e recorda os temporais do nordés (hoxe non os hai) cun vento terrible. Non se podía andar pola calle porque o vento arrastraba á area da praia e facía dano nas pernas e na cara. Cando había temporal, chegaba da escola, arrimábase á cociña de ferro, ceaba e para a cama.

No inverno, ao facerse de noite máis cedo, non andaba a xente pola rua, pois ao non haber luz eléctrica, estaba todo oscuro e non se vía nada.

No Pais Vasco, conta dona Encarna, era todo moi distinto, “aquello ía á par con Francia”, “aquí, en Galicia, estaba todo moito máis atrasado.

 

 

                                                                 Sobre o cambio climático, non se falaba cando Encarna era unha nena ou na súa mocidade , “é algo de agora”.  Da contaminación si ten escoitado: “isto contamina, isto non”. Moita xente concienciouse                                                                                              

dese problema, de que non se poden tirar as cousas á praia coma                                                                                        antes, aínda que hoxe hai quen o fai e pon o exemplo da praia de San Antonio onde hai un recuncho onde se acumulan moitos plásticos, traídos todos polo mar.

Polo que respecta ós eucaliptos, di que non están moi ben vistos porque consumen moita auga; coñece a unha persoa no Camiño Ancho que tiña ao lado unha eucalitrera e as árbores acabaron con toda a auga do seu pozo. O eucalipto da diñeiro pronto pero a longo prazo non é bo. Cre que chegará o momento de que non os deixen plantar.

Sobre os incendios forestais e as súas consecuencias, Encarna opina que estamos a tempo de cambiar as cousas e restaurar a natureza aínda que levamos moitos anos destrozándoa. Os gardas forestais teñen moito que ver de cara o futuro dos montes, pensa ela.

En canto á contaminación das fábricas, pensa que tamén hai moito que facer. En Ribeira, toda o lixo das fábricas vai ao mar e sae por Corrubedo ou Aguiño.

As industrias son moi importantes, non poden deixar de producir, pero hai que poñer depuradoras; hai que buscarlle solución aos problemas da contaminación.

noviembre 12, 2008

 ÍNDICE

 

 

1. INTRODUCCIÓN.

2. A ENERXIA Ó LONGO DA HISTORIA.

3. COSECUENCIAS MEDIOAMBIENTAIS.

4.TIPOS DE ENERXÍAS.

5. OPINIÓN PERSOAL

 

1.INTRODUCCIÓN

 

 

O ser humano,dende os seus principios, tentou atopar enerxías que lle fixeran máis sinxela a vida.Gracias ás enerxías que atopou ó longo da historia puido satisfacer as súas necesidades máis básicas,como a luz,a calor…

 

Na era primitiva o ser humano tiña unhas necesidades moi reducidas e a medida que foi evolucionando estas necesidades aumentaron.O problema máis grave chegou cá Revolución Industrial:Neste período substitúense as manufacturas polas industrias.As industrias foron incrementando o seu nivel de producción mediante o emprego abusivo das enerxías que se foron descubrindo,e esgotando os recursos para producilas(carbón e petróleo principalmente).

Por outra parte,este período provocou e está provocando a contaminación do planeta que ten unhas consecuencias irreversibles como son o efecto invernadoiro e o cambio climático.Estas consecuencias son esencialmente producidas polas emisións masivas de,entre outros gases,o CO2.

 

Hoxe en día estanse a buscar maneiras de producir enerxía de forma máis limpa e renovable evitando a combustión en maior medida.O problema é que estas enerxías son moi caras debido a que é necesario un longo proceso para producilas e maiores avances tecnolóxicos.

 

 

 

 

2.A ENERXÍA Ó LONGO DA HISTORIA.

 

Título:O USO DAS ENERXÍAS DEPARARÁ O FUTURO.

 

A Terra está en perigo polo tanto nos tamén e a culpa é nosa polo mal uso das enerxías:

 

Na prehistoria,o ser humano xa empezou a facer uso das enerxías xa que necesitaba cubrir certas necesidades.

Así descubriu o lume,que empregou para quentarse,para cociñar os alimentos(xa que os facía máis dixeribles),fortalecer as súas armas de caza ou iluminar as cavernas e os camiños.O lume supuxo un gran cambio para o home  posto que actualmente se considera imprescindible para producir enerxía(combustión de combustibles fósiles).

Cando o home fíxose sedentario,como os recursos alimentarios máis próximos esgotábaos para a súa alimentación acabaron por xurdir a agricultura e a gandería que permitiron aproveitar máis os recursos da terra sen depender directamente da caza e da pesca e coidar os animais para que se reproducisen,deran alimento e cargaran con cousas pesadas.No pasado cultivaban cas mans e con algúns utensilios,pero todo era natural.

Na Idade Media o home atopou novas formas de cultivar e de practicar a gandería.

Apareceron os primeiros  moliños que eran de auga e de vento,e que permitiron aproveitar a forza do vento e da auga para moer o trigo,así descubriron a enerxía hidráulica e a enerxía eólica.

Tamén descubriron novos métodos para traballar a terra.Empregaban os animais para facilitar o seu traballo movendo os utensilios pesados,e tamén descubriron novas ferramentas de traballo agrícola que,aínda que non eran tan boas como as actuais,eran mellores que as rupestres(os primeiros sachos,fouciños…).A medida que o ser humano avanzou na historia foi dependendo máis da natureza e dos seus recursos.

O gran cambio da historia chegou coa revolución industrial.:

Comezou coa substitución do traballo manual polas industrias téxtiles nas que se implantaron máquinas que facilitaban o traballo e permitían unha maior producción.

Apareceu o ferrocarril como medio de transporte que empregaba a máquina de vapor,e que consumía carbón e foi un dos inventos máis revolucionarios da época.Tamén naceu o automóbil que consumía petróleo, foi descuberto máis tarde co carbón.

No século XX ,o carbón substituíuse case totalmente polo petróleo,xa que tiña máis aplicacións(fabricación de plásticos,combustible para os medios de transporte,producción de electricidade…)

Tamén houbo unha gran revolución no campo(revolución agrícola),que permitiu o aumento da producción debido á mellora do uso dos fertilizantes e abonos e os novos sistemas e utensilios de cultivo.

Esto implica que cá revolución industrial comezara o emprego dos combustibles fósiles, que foi aumentando progresivamente có tempo ata hoxe.

Máis tarde apareceu un novo combustible fósil,o gas natual,que se emprega como calefactor,pero que en principio non se lle deu importancia.

 

Despois apareceu a enerxía nuclear,que se cosiderou inviable xa que se consumía máis enerxía da que se producía.

Case na época actual aparecen novas enerxías (solar, mareomotriz, xeotérmica, biomasa…) : Estas son pouco contaminantes e renovables,pero son pouco empregadas xa que costa máis producilas.

Por iso actualmente empréganse os combustibles fósiles para producir enerxía.Ademais, estes producen máis beneficios.

 

 

 

3.CONSECUENCIAS MEDIOAMBIENTAIS.

 

A partir da revolución industrial,e co descubrimento dos combustibles fósiles como recursos enerxéticos o ser humano empezou a abusar excesiva e progresivamente deles.Por iso debemos cambiar o modelo enerxético actual e aforrar enerxía:

 

As enerxías non renovables estanse a esgotar ,xa que tardan millóns de anos en formarse,e o problema é que as consumimos máis rápido do que se producen.

Ademais, producir estas enerxías ten grandes impactos ambientais:

Queimar estes combustibles emite grandes cantidades de CO2 á atmosfera engordando así esta,e provocando que parte da radiación solar que nos chega,quede retida na Terra(efecto invernadoiro)e,polo tanto que aumente a temperatura global do planeta(quentamento global).

A causa do quentamento global,desxéanse os polos,o que ten como consecuencia o aumento do nivel do mar e un cambio das correntes mariñas.Ademais aumentarán os paisaxes desérticos provocando a morte de moitos seres vivos ,xa que non todos se adaptaran ás novas condicións de vida.Isto fará que pouco a pouco a vida no planeta deixe de existir.

O cambio climático é un proceso natural,pero o ser humano o esta acelerando.Por iso debemos facernos á idea de que de nós dependen as xeracións futuras.É un proceso que non podemos frear,pero si atrasar.

As enerxías renovables(eólica,solar,hidráulica…)poden axudarnos a resolver o problema xa que son inesgotables a penas afectan ó medioambiente.

 

 

 

4.TIPOS DE FONTES DE ENERXÍA.

 

As fontes de enerxía son recursos que proveñen da natureza é que o ser humano emprega para extraer enerxía para facer un traballo.

No noso planeta atopamos dous tipos de fontes de enerxía:as renovables e as non renovables.

 

Fontes de enerxía non renovables:Aquelas que existen en cantidades limitadas.

Carbón:É un combustible fósil formado pola acumulación de vexetais baixo terra ,que están baixo presión durante millóns de anos.

Petróleo:É un aceite natural formado por hidrocarburos.Se forma a partir de restos vexetais e animais que quedan soterrados durante millóns de anos baixo o solo do fondo mariño.

Gas natural:Gases depositados no subsolo da terra a gran temperatura.En ocasións aparece soterrado con petróleo.

E.nuclear:É unha que non é limpa.Obtense a partir da fisión de átomos de uranio que é un mineral,por iso é non renovable .Unha das súas consecuencias máis destacadas son os residuos nucleares.

 

Fontes de enerxía renovables:Aquelas que existen en cantidades ilimitadas.Son limpas e reducen os impactos ambientais.

Sol(enerxía solar):É a obtida do sol.Esta enerxía pode transformarse en enerxía térmica ou eléctrica.Se recolle a través dos paneis solares.Unha das súas vantaxes é que permite a xeración de enerxía no mesmo lugar de consumo.O seu principal inconvinte é que é cara.

Vento(enerxía eólica):É a obtida a partir do vento e se pode transformar en enerxía eléctrica.Os seus principais inconvintes son a contaminación visual,a morte de aves e o ruído que fan.

Auga(enerxía hidráulica):É a obtida a partir da forza da auga dos ríos.A súa vantaxe é que ten un alto rendemento enerxético.O seu principal inconvinte é a construcción das presas que ocupan grandes extensións(ás veces se trata de pobos),e alteran moito a paisaxe.

Mareomotriz:Obtense a partir da forza das auga das mareas.

Biomasa:Obtense a partir da materia orgánica.Ten un uso similar ao do carbón (quéimase para producir enerxía eléctrica),polo que non é limpa.

Xeotérmica:Obtida do calor do interior da terra.A súa vantaxe é que produce poucos residuos.Os seus principais inconvintes son:ás veces emite mínimas cantidades de CO2 aumentando lixeiramente efecto invernadoiro,contamina as augas ,contaminación térmica,alteración da paisaxe…

 

 

 

 

OPINION PERSOAL

-Entrevista: Dona Encarna falounos moi ben, contounos anécdotas dos seus tempos e gracias a ela aprendemos que a súa época foi moi dura e que para ela, afortunadamente, as condicións de vida foron mellores que as de moitos. A muller expresouse correctamente e, sobre todo, mencionou cousas mais importantes das que pensabamos. Ademais, púxonos varios exemplos reais de cómo vivía a xente pobrense durante a súa xuventude.

 

-Traballo: Foi algo novo, con respecto ó do Blog e facelo por ordenador, xa que as novas tecnoloxías empezan a recaer sobre a sociedade. Informámonos moito sobre o tema de traballo, e investigar estas cousas nos servirá para o día de mañán.Ademais, démonos conta de que moitas cousas ás que antes non dabamos importancia,agora é imprescindible tratalas.  

 

-Power Point: Ó igual que o traballo, o Power Point foi unha experiencia nova para nós. Aínda que nos levou menos tempo, requiriu pensar frases reflexivas.

 

 

 

 

 

 

 

 

noviembre 10, 2008

dfgsdg